Castellano Inglés
nada El Despacho Áreas de Actuación Noticias Localización Contacto Enlaces
 

 

HISTORIA DO BUFETE  | FILOSOFÍA DE TRABALLO  |  SOCIOS 
 

FORO AVOGADOS LUGO, S. C. P. naceu o día 1 de xuño de 1989, sendo membros fundadores os actuais socios Xosé Manuel Fernández Varela e Alberte X. Rodríguez Feixóo.

Dende o seu nacimento, e por mor da filosofía que inspira iste bufete, atópase nun proceso continuo de expansión e modernización que o levou a abarcar a práctica de diversos ámbitos do dereito e completar un equipo humano altamente especializado, á altura da complexidade propia do exercicio da avogacía na sociedade actual.

Nisa liña de expansión, tanto polo que a medios humanos como técnicos respeita, a adaptación aos tempos levou a mudar a nosa sé estabelecida inicialmente no número 7 da rúa de Quiroga Ballesteros, no centro murado da cidade de Lugo (1989-1993), ao número 4 da mesma rúa (1993-2001), ocupando na actualidade, a firma, tres pisos da segunda e terceira planta dun emblemático edificio sito no número 193 da Ronda da Muralla

 

 

Actualmente, FORO AVOGADOS LUGO, S. C. P., está conformado por un nutrido equipo de avogados, nunha organización de traballo en equipo e por especialidades, o que, por unha banda permite cubrir un más amplo espectro de materias, e por outra garante unha atención personalizada e especializada, atendendo os asuntos que os nosos clientes nos encomendan nos distintos órdenes xurisdicionais, en todo o territorio de Galiza e do Estado, e inclusive diante dos órganos da Unión Europea, para o que mantemos acordos de colaboura permanente con importantes despachos do Estado Español e doutros paises da Unión Europea.

 
Ronda da Muralla, 193, 2º 27002 - LUGO | Tfno.: 982 241 849 | www.foroavogados.com | foro@foroavogados.com