Castellano Inglés
nada El Despacho Áreas de Actuación Noticias Localización Contacto Enlaces
 
 
HISTORIA DO BUFETE  | FILOSOFÍA DE TRABALLO  |  SOCIOS 
 

FORO AVOGADOS LUGO, S. C. P. ten como máximas no seu traballo un tratamento riguroso dos asuntos encomendados, unha atención personalizada e especializada e a procura dunha SOLUCIÓN axeitada, garantindo en cada momento un clima de confianza dos nosos clientes co despacho e de plena implicación deste en cada problema humano subxacente nas relacións xurídicas.

Desenvolvemos a nosa labor prestando os nosos servizos a grandes entidades de distintos sectores económicos e diversos colectivos profesionais, así como a tódalas persoas que, tradicionalmente, teñen a ben outorgarnos a súa confianza para obter o noso consello, asesoramento e defensa xurídica nas súas diversas vertentes, procurando a excelencia na calidade, calquera que sexa o tipo de cliente e/ou problema ou conflicto no que intervimos.

Sin prexuicio do tratamento en equipo e/ou de carácter multidisciplinar, cando as necesidades o requiren, cada asunto ao noso cargo é asignado a un dos nosos letrados en función da materia a tratar, garantindo deste xeito unha atención especializada dende as distintas seccións xurídicas da firma.

 

Son preocupacións constantes de FORO AVOGADOS LUGO, S. C. P. a realidade social e lingüística en que nos atopamos, o que nos levou a un uso e promoción constante da lingua propia de Galiza en tódolos nosos ámbitos de actuación; e doutra, a unha procura do millor desenvolvemento e aplicación das nosas institucións xurídicas, mediante a cooperación en diversos ámbitos científicos e culturais, e a colaboración con diversas publicacións especializadas.

Para todo iso FORO AVOGADOS LUGO, S. C. P. conta cunha ampla equipa de profesionais, procurando a súa especialización e formación continua, e cun equipamento tecnolóxico acorde cos tempos, o que nos permite desenvolver o noso traballo dun xeito mais eficaz e competitivo.
 
Ronda da Muralla, 193, 2º 27002 - LUGO | Tfno.: 982 241 849 | www.foroavogados.com | foro@foroavogados.com